Friday 03 de May de 2024

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres, con conexións a Carballo, Malpica, Laxe, Coristanco ou A Coruña


 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e festivos

A parroquia de Cores, no Concello de Ponteceso, conta desde, hoxe luns 22 de abril, cunha parada de autobús que forma parte de seis novas liñas do servizo de transporte interurbano.

A Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, atendeu ás peticións do executivo municipal e incluíu un punto de recollida de viaxeiros neste lugar do municipio, que pasará a estar conectado con Carballo, Malpica, Laxe, Coristanco ou A Coruña.

Deste xeito, Cores entra a formar parte das liñas XG848039 Carballo E.A.-Corme-Malpica-Laxe, XG848040 Carballo E.A.-Campara, Carballo E.A.-Malpica-Corme Porto, XG848047 Carballo E.A.-Malpica-Laxe, XG848048 Carballo E.A.-Coristanco-Corme Porto e XG848049 Coruña E.A.-Malpica-Muxía.

Estas seis rutas ofrecerán un total de nove servizos a Cores de luns a venres durante boa parte do día. Ademais, os sábados contará cun tres servizos e os domingos e festivos, con cinco.

Os horarios e toda a información dos servizos están dispoñibles para a súa consulta por parte da veciñanza na páxina web www.bus.gal.

Deja un comentario